MercanoGrove

MercaNoGrove 1/1

A interacción dos clientes co pequeno comercio leva evolucionando e cambiando radicalmente nos últimos anos. Aproximadamente o 82% dos consumidores comprou en liña nos últimos 3 meses, e o método máis utilizado para isto foi o “smartphone”.


Agora, máis que nunca, é importante para o comercio local traballar dunha maneira multicanal, que non é máis que poñer á disposición da potencial clientela a súa oferta, pero a través de diferentes medios, elixindo o cliente o que máis lle conveña no momento de facer a compra.


A carreira cara á transformación dixital está en marcha e non hai tempo que perder. Así xorde este proxecto, da iniciativa do Concello do Grove como parte do Plan estratéxico de comercio orientado a axudar o comercio local, co fin de apoiar os pequenos negocios do Grove a adaptarse e aproveitar as oportunidades que lles ofrecen as novas tecnoloxías e tomar o control da súa propia evolución dixital. Isto permitiralles aos nosos adheridos mellorar a súa presenza en internet e prepararse para a entrada no mercado actual.



VANTAXES DO PEQUENO COMERCIO


O pequeno comercio é fundamental para a vida no noso espazo urbano. As tendas da nosa vila danlles cor ás nosas rúas e achegan unha boa parte do dinamismo necesario para facelas máis atractivas e acolledoras.


As persoas que traballan no pequeno comercio están especializadas no seu sector: roupa, electrodomésticos, informática, pastelería…, polo que poden asesorarnos sobre a mellor solución e a mellor calidade dos produtos, segundo as necesidades de cada cliente. Esta é unha das grandes diferenzas coas grandes superficies comerciais, onde a rotación do persoal dificulta a súa especialización. Calquera dos comercios da nosa localidades pode ofrecerlle á clientela unha información detallada, respostas adecuadas ás súas necesidades, bo trato, proximidade e facilidades nos servizos posvenda. Tamén se caracterizan pola gran variedade de produtos da mellor calidade que teñen á nosa disposición.


Poder achegarse nun instante e comprar o que se necesita sen longos traxectos en coche, poder contar co apoio de profesionais ou pasear e mercar, gozando ao mesmo tempo dunha ampla oferta hostaleira, é un gran luxo que temos ao alcance da nosa veciñanza e tamén das persoas que nos visitan.


Grazas por visitar e comprar no Grove.

Vendedores